Home

Este traballo, do ano 2010, foi abordado tendo en conta as premisas da Arqueoloxía Preventiva (APre), á que tiven a sorte de poder achegarme grazas ao apartado de Arqueoloxía do máster que cursei. Un procedemento que consiste básicamente en defender a conservación frente á intervención, e a integración do Patrimonio Arqueolóxico frente á especulación do territorio. De forma que se poida contribuir a que o pasado non se perda e o futuro poida gozar del.

Nesta mesma liña ven traballando a Conservación Preventiva, que fai unha chamada de atención sobre a necesidade de cambio frente á intervención, avogando por mellorar as condicións de conservación, non de forma puntual.

En definitiva, trátase de apostar polo sentido común, sobre todo, se queremos contribuir a optimizar e a integrar os recursos patrimoniais tendo en conta a sostibilidade.

Para ilustrar mellor o tema, a continuación das ligazóns ao traballo sobre o Castro de Pastoriza, engadín dous vídeos, un en francés sobre o concepto de Arqueoloxía Preventiva en Francia, e outro en castelán sobre o Plan Nacional de Conservación Preventiva do Instituto del Patrimonio Cultural de España (IPCE).

Versión Castelán

Versión Galega

 

Deixar un comentario